Moncho Bouzas

MonchoBouzasIlustracion.png

B igual a A entre r

 

sendo B o ratio entre o capital

e o ingreso nacional

 

A é a participación dos ingresos do capital

no ingreso nacional

 

e r a taxa de rendimento promedio do capital

 

a primeira lei fundamental do capital

según Piketty no século XXI

 

a cuantificación da tendencia

ao incremento da desigualdade

indubitadamente

 

a apariencia neoclásica do teorema

anaina ao depredador?

no marco do contrato social liberal

 

a igualdade como guía

a fiscalidade progresiva

como logro da humanidade

 

post-Covid19?

 

neoliberalismo ou civilización

 

a sociedade deglutida nas

fauces do depredador

 

ou

 

implementación de medidas

neokeynesianas para o benestar

 

silencio ou poesía

 

a sotavento

 

Páxina 67