Oti Campos
OS TEUS OLLOS
Dos teus ollos
namorei un dia
e tiñalos pechados.
Os teus ollos semellan o universo
salpicado de estrelas, son unha pasada!!
Semellan un océano bravo
que ti lle das calma.
Cando choras, pintan unha nube rota
que pide abrazala.
Cando ris, saltan ondas
rompendo en anaquiños, contra o acantilado.
Se os ollo ben fondo vexo neles un lirio
que aí, levas agochado.
Os meus, non son tan fermosos
pero sempre darán, amor e paz
a tua ollada.
Pero ainda que os teus ollos
non fosen tan fermosos non importaba nada
cando eu namorei tiñalos pechados.
Páxina 65