Teresa Ramiro

Vós sodes

o Mar do Norte e o Atlántico

 

Vós sodes

sorriso fresco fundido na

esperanza do amor

 

Vós sodes

canción de vida

nas madrugadas do tempo

 

Vós sodes

danza e ritmo sobrevivindo

ás tempestades

cando as flores comezan

a nacer

 

Vós sodes

Vós sodes

Vós sodes

o amor

 

(Un poema do libro “Fundido a Negro”, Teresa Ramiro, publicado na Editorial Caldeirón no 2019).

Teresa Ramiro é integrante do colectivo literario in nave civitas.

 

Páxina 60 Recensión 6