Rosa Salanova

RosaSalanova Fada que contempla a un paxaro.jpg

Paxaro meu

 

 

A ti,

paxaro de silueta en sombra

na luz mesma do teu voar,

a ti melancólico e máxico,

voador de soños,

nas tardes e mañás de sol.

Pintas o teu peito vermello

de cores sinxelas,

coa tu paleta de follas

e alumeiras.

Cantas coma os Anxos

petando na miña fiestra,

indo de parranda

para trerme sorrisos,

para encherme de luz.

Voador de soños,

paxaro arcoiris,

xeitoso como as auroras,

agarimoso como a Lua.

Sempre es ti

dende as tuas memorias,

“o que quenta o meu corazón”

 

Páxina 59