Mila Villanueva

Sobrevoei o Mar Morto,

recoñecín o frío de San Petersburgo,

asomeime a altos precipicios

percorrín cidades rotas

e rañaceos de auga

visitei ermidas ermas

e impoñentes catedrais

                      perdinme nas néboas de Dublín

 

 

e en París percibín

o podre cheiro do Sena.

 

 

Recollín as rosas dos desertos

a máis a máis,

tamén as do lonxano Xapón

e contemplei morrer o verán

na quietude de Oslo

o e amencer na illa de Mikonos

 

e din voltas e revoltas ao redor do mundo


ata que volvín á terra onde fun concibida:

 

                            a terra dos meus soños

                           e dos meus devanceiros

 

Coma Sísifo apuxando a pedra

así eu

              lonxe de ti, miña terra!

 

Páxina 58