Masha Raskolnikova
Acordei
co mundo xirando
na miña gorxa.
E insisto,
a estas alturas da historia,
en evitar o abuso
de nós mesmas
nas horas frías do gin-tonic
ou na ardentía da verbena.
Non hai sentenza máis severa
que o noso alento
nin xuízo menos indulxente
que o peso no ombreiro.
Se a posmodernidade
é unha obriga
ao xogo violento da depredación,
pido tempo morto.
Non hai narcótico
neste carrusel de vertixe
para o remorso.
Cómpreme ter en conta
que durmirei comigo mesma
o resto de noites que me restan.
Páxina 55