Andrea Araújo

AndreaAraujoIlustración.png

     Soneto do Piueiro             XIX

 

Saíste en vrán do ventre do estaleiro

mollado en augas da foz do pai Miño.

Vestíronte a vela con aloumiño.

Agardaba por ti o mar, volanteiro.

 

Vímoste entrar entre o dique e o Balueiro

xa chegaste ó teu porto paseniño

coa historia de sal do noso camiño.

A túa marca ten un nome, Piueiro.

 

Sube ó monte esta vila mariñeira

Pide a Santa Trega boa navegación

Vas ver á túa irmá a lancha poveira.

 

Izando a vela, que enorme lucía,

comezou a remar a tripulación.

Levas ata o horizonte a Rosalía.

 

Páxina 53