Paco Ledo
Amor de nai.
Ollando sempre o camiño
miña naiciña do ceo,
garda ti o meu fillo.
...é noite e inda non vexo.
O fume pica nos ollos
non reflexan os espellos.
Na serra quedou o lobo
na cidade está o de vello.
E apoucada onde lume
esmorece como a brasa
na soidade que a consume
a noite nunca se acaba.
Páxina 52