Manuel González Prieto

A CUARTA NOITE DE LÚA

levanta as follas

as augas mortas e diatribas que berraban

unha tras outra

que articula e move mediante uns fíos

un - dous - tres calquera humano

voluble e=é facilmente manexable

 

perdendo o equilibrio e a súa posición vertical

esquecendo que fóra

recende outono

a néboa é mesta e as pisadas no chan non deixan rastro

nin esgazaduras na tea que con gran destreza tece

coa nobre intención de mostrar unha habilidade ou talento na cosedura de conxuntos

e que acougan nun taller

a carón da araña a xastraría e a súa IDEOLOXÍA

antes de seren reprimidas polos individuos e as súas carencias

nunha breve comparecencia aclaratoria, que di:

     os fenómenos non suceden pronto ou con maior rapidez e

     a contracción das arterias segue un ritmo regular

 

Páxina 50

Recensión 5

Vídeopoemario: 

AsNoitesDeLuaVideoPoemario.png

As noites de lúa

 

Textos e voces diversas relatan as noites de lúa.

 

Textos: Pilar Maseda, Miguel Anxo Costoya, Luz Airado, Raúl Gómez, Moncho Bouzas, Emilia Martínez, Teresa Ríos e Manuel González.

 

E o xogo dos espellos

 

As voces (por orde de aparición): María Rúa, Ana Salgado, Paula Pájaro, Ángeles Huerta, Paula Carballeira, Pilar Maseda, Marta Pérez, Sarela González, Carmen Penim, Luz Airado, Inma Gregorio, Raúl Gómez, María Jesús de la Torre (Maje), Moncho Bouzas, Mar González, Emilia Martínez, Begoña González, Teresa Ríos e Manuel González.

 

(*) Espello: Que reflicte ou pon de manifesto algo. Modelo de referencia.

 

Vídeos: Jose Martínez e Manuel González.

 

Montaxe e blog: Manuel González.