Branca Villar
Ardeme a ialma de dor ,
con cada chanzo que piso
descendo ,
estou un pouco máis
preto do averno ,
non existen
pílulas pra o olvido
os espectros
que moran
nas sombras,
caen sobor de min
coma unha pesada lousa,
espreitan coma voitres...
Son flamixeras as suas olladas
cada noite asoman
entre as tebras
escoito as suas gargalladas,
silentes son as poutas
coas que paseniñamente
me desgarran .
Caio nesa profunda negrura
anegada de coitas
onde non hai luz nin espranza ,
so tristura e pena
a ledicia fica afastada .
Non sinto na pel
as mornas raiolas do sol
nin cómo os paxaros cantan ,
o ar non me acariña a faciana
non ulo o arume das flores
nin saboreo o salitre
das ondas do mar salgadas
cargo coas pedras do meu camiño
nalgún tempo ,
construia con elas castelos
hoxe construo murallas
Páxina 44