Carlos Neira Suárez

Cambados

 

Ceo de estrelas por riba das viñas

dùas evasiòns certeiras

nas nosas vidas

luces senlleiras e fervores ìntimos

no recòndito Salnès das uvas

 

A soñarte outra vez e sempre

en corpo branco de lùa

en ofrenda humilde

en cousa doada

en sinxela orde de batalla

 

a quererte màis alò de min

e de ti

a amarte porque si

porque està no contrato

e na quenda

na orde do dìa

na tradiciòn e na soldada

 

todas as estrelas son ao fin

esguìas aguilloadas

de desexo na nosa noite calma

son reclamos

chìos apenas brillantes

de ardente chamada

 

son que somos corpo

a unha mente entregada

son gromos en bagos verdes

de cepas hai moito tempo chantadas

 

son que somos apenas luces frías

na distancia

petos tìmidos de ardor

baixo a pel torrada

son que te quero

que miro, que espero

que quenzo na antesala

 

Son avisos

memoràndumes incertos

luces de baixo consumo

e de insòlito rendemento 

burbullas alegres do godallo

faìscas do pensamento.

 

Son marcas alcauetas

de vìa làctea

lumes de antigos lares

anceios en fileira darredor

da tùa cama

foguetes de revoltas populares

 

Páxina 43