José Carlos Ulloa
AMAR É…
Amar é poñer o mundo nas súas mans,
é ofrecer o ser e a esencia á amada,
é adorar os seus cabelos á alba,
é eloxiar a súa beleza cada día, cada madrugada.
É abrir o corazón e deixar a dor fóra das entrañas,
é sentirse coma no ceo co bico eterno,
é alcanzar as estrelas nos seus beizos amantes,
é mover o horizonte co poder das súas pestanas.
É abrazala fortemente como senón houbera mañá,
é pegala a ti, como se a súa alma fose a túa alma,
é acariciala docemente como se a túa pel rozase o ámbar,
é vibrar coa súas mans cando acarician a túa pel namorada.
É ela, é o seu corpo amante e amado,
é a “xacia” das profundidades dos meus suspiros,
é a raíña do meu corpo e dos seus misterios,
é a muller, a criatura máis bela do universo.
Páxina 39