Marta González Alonso

Alzhéimer

Comeza unha loita

entre o EU e a demencia,

onde soldados dexenerativos

ocultan carteis da miña memoria

para impedir que gañe

esta guerra pola identidade.

 

Collo un tren de ida, sen volta,

con destino descoñecido

e fico nun campo

de exterminio da existencia.

 

Con ollada cansa,

rabuño as paredes

da miña materia gris,

mais os gases tóxicos da xenética

asfixian a voz do meu ser.

 

Remato cunha fenda no peito

e un baleiro na cabeza,

onde vermes xigantes

devoran os recordos

do meu faiado,

onde extinguen a calor

da lareira do meu tórax,

e onde as cimentacións do meu ser

se estragan polo devagar do tempo,

derrubándome o abismo do esquecemento.

 

Finalmente, a besta  nerviosa e demente

gaña a batalla e

o EU, prisioneiro de guerra,

e sentenciado a aniquilación.

 

Páxina 38