Darío Miranda Pastoriza

SILENCIO POLA NOITE

 

Escuro, luminoso e infinito.

Así é como te presentas, Universo.

Así é coma nos deixas en silencio polas noites

ante un espectáculo visual da natureza.

 

E nós admirámoste mentres escoitamos

a fermosa e tímida ópera dos grilos.

Xa o temos todo, imaxe e son,

só queda comprenderte.

 

Comprender a túa orixe, a túa formación,

o teu cometido ou a túa función.

Coloso, misterioso e, sen embargo

sempre estiveches con nós.

 

Aquí, na miña terra estou.

Arredor miña,  árbores, nubes, ceo e mar

Todo isto forma parte de ti,

incluso a miña persoa, máis este poema.

 

Páxina 37