Fátima Domínguez

Aos meus pais. Por darnos todo canto somos.

 

DESOLACIÓN

 

Estou só e teño medo.

 

A miña presenza substancial

de avelaíñas escamas grises          

dorme en recipiente biodegradable.

 

O que fun ...

e onde estou agora.

 

Plantado ao pé desta camelia

a medio metro baixo terra.

A miña esposa

            inda

        tivo forzas para cavar.

Ela e os meus fillos agardan a que floreza,

para ver asomarse os meus inaudibles

“quérovos“

a través do risoño aroma das súas flores.

 

A esencia da miña inexistencia quedará alí por sempre.

En cada veada flor: palabra líquida.

 

Co abrazo das raíces fágome pequeno,

mergúllanme e disólvenme

no océano da desaparición.

Estou só e teño medo.

 

Páxina 36