Tensi Bautista
Por que todos te ven como a rara como a rebelde como a que non encaixa?
Por qué queren que sexas igoal
que sigas a norma,
a que dictan os amos
convertidas en vellos credos,
cando ti, solitaria bucaneira
nun navío, e a contracorrente,
sen pabillón nen bandeira
surcas océanos de conciencias?
Será que lles das medo?
Medo por atreverte a ser pioneira
a desafiar recoñecementos,
rexeitar compracencias
sen importar adulacións
nen descréditos.
Medo por negarte a ser fagocitada
nun sistema de lei,
orden, obediencia,
grupal, supremacista,
excluínte;
populismo que afoga a dialéctica
Medo ao teu brutal, valente atrevimento
levantando puños
contundentes
trazando remuiños de argumentos
Inoculando
o conflicto permanente
Medo a reproducción do teu xenoma
inzando no rabaño
a controversia,
antídoto contra hábiles imposturas
con irreductible e
sutil contundencia
Medo, moito medo por saberte necesaria
sen importar a cor da que proveñas
implacable guiadora de insurxencias
Medo de ti, ovella negra.
Páxina 34