Carmen de Milmanda

como morreu a primavera

 

non se sabe que pasou

 

os máis novos 

botáronlle a culpa 

aos máis vellos

 

e os máis vellos

botáronlle a culpa 

aos máis novos

 

o caso 

é que

sen que ninguén se decatase,

pouco a pouco,

pola calada,

como ocorren

todas as cousas 

que importan,

foi desaparecendo 

a primavera

 

Páxina 33