Prender os fachos, compoñer os ósos
VELAÍ a diferenza:
se saes correndo espida polas corredoiras,
berrando -como se che fose a vida niso-
a única verdade
-que a poesía é o monte comunal deste século-
non se che bota enriba o aparello do Estado,
nin che fenden a testa
a golpe de porras
forradas de coiro con selo de calidade,
nin falan de ti ó día seguinte
os manuais de instruccións do sistema,
nas columnas reservadas para radicais e terroristas
a figueira non esperta sobresaltada
como o faría unha cidade
a nosa análise filosófica do mundo
non varía na súa esencia
-tampouco as consecuencias
do erróneo peralte das curvas
nas que nos morreu tanta mocidade.
O rural éche así
(o paraíso da loita de clases)
Páxina 30 Recensión 3