Maica Pastoriza

NOITADAS DE AMOR

Procrear, dar feitío, e vida, extensa confirmación,

e execución na orbe, de mil modos reiterados,

emana dos animais, e das cousas,

do seu gozo é inefable beldade e podente,

cheo de lembranzas herdadas dos fecundados,

dos partos de millóns de seres que nos precederon ...

en un pensamento creador, revivindo miles e miles ...

noitadas de amor, esquecidas,

embuchadas de nobreza e excelsitude.

 

Nas noites xúntanse entrelazados,

apaixonadamente nacidos do amor,

atesouran doces fonduras e forzas para o canto de

algún poeta, vindeiro alzándose para escribir inefábels versos.

 

Así é o porvir, aínda cando erre, aínda cando sexan ...

cegos os seus abrazos, o porvir chega xurdindo un novo ser,

esperta en virtude do cal un xerme de vida rexo.

Asalta con ímpeto,

e aqueles que vivan falsa e torpemente

este arcano, só para si mesmos o perden.

Por enriba de todo, unha gran maternidade,

con anhelo común,

maternidade que se barrunta a si mesma,

arraxando temorosa, afanosa a beleza dunha nai,

“a maternidade” emperrada na súa servidume.

Unha muller anciá perdura,

unha gran lembranza, tanto no seu espírito

coma no seu corpo, de fecundar en si mesma ...

 

Páxina 29