Emilia Martínez
SOÑO DE LÚA
... "Acéndese a luz no albor
e os meus ollos buscan... ós teus ollos
os beizos entreabrense agardando ese bico que nace do máis fondo do desexo... atópanse cos teus.
Medra a noite silandeira
mentras o derradeiro sono durme no berce dos teus brazos... e soño,
esa lúa nova e chea de luz que nos vixía dende o ceo,
sabe que o amor teceu un manto... para acochar os nosos corpos, entre sabas de brétema.
E mentras vén o día, eu sigo a soñar que somos un só corpo, amarrado nese abrazo que non quero que remate"...
Querémonos!!! Ás veces a distancia real é tan curta coma o alento dun soño...
Páxina 28