Amalia Díaz Rodríguez
MULLER DOUTRO TEMPO
A ollada extraviada no abismo
dun tempo que esmorece
no sublime latexo do sentimento.
O espazo intanxíbel, inmenso...
Alén das néboas do encantamento:
un sono esvaído polo misterio.
Miña dona sorrí para dentro,
asomada á melodía dese universo
que debuxa corcheas no vento.
O balandro avanza bailando lento
nun pentagrama de salgado recendo;
en clave de Sol, singradura do eterno.
Varada, enraizada no laimo da terra,
cal árbore, perenne, de cerna;
só ceibe por dentro... Muller doutro tempo!!
Páxina 25