Ana Fernández Melón

DONA DE AMOR

 

Alá no fundo

Nos ollos do medo medo

Xebraba seus prantos

A dona de amor

E a súa cuita dicía

Nas asas do vento

Son outra son libre

Xa non me estraga ren

O meu doce ben

Elástica liga 

Que ficou rota

Nunha caserna miñota:

"Peixe na auga a beber

paxaro na frente a encantar"

No pouso da pena pena

Farta a menina a barriga 

a sofrer

mentir

seducir

Na crisálida de outrén

 

Páxina 24