Enrique Rodríguez

QUÉ SON OS VERSOS?

 

Os versos...qué son os versos?

Quen o soubera dicir

E un verso un sentimento

Ou é sentimento un verso?

A min parécenme eses contos

Que tes no teu interior, e que pelexan por sair.

Algún esta moi adentro, outro  case a flor de pel.

Pois cada un é distinto, todos teñen o seu aquel.

Nin hai versos escollidos nin versos sin rematar.

Todos teñen un principio e terán que  ter un final.

Se nace das túas entrañas sen dubida é coma un fillo.

Se por contra sae da testa, ha de ter máis percorrido.

O mesmo que calquer píntega que sae dun oco entre as pedras.

Igualmente sae este verso que nace na miña testa.....

 

Páxina 23