Inventario do prohibido

Por iso che pido que me desaprehendas

Que teñas espírito de guerreiro
non me fai do teu dominio
e cando digo non, non quero dicir outra palabra
cando digo non
uso as mesmas letras, a mesma abecedaria
que usas ti para negar
por iso che pido que me desaprehendas
para xuntos enfiar as distancias marmóreas
case imperceptíbeis
que non separan.

Que eu teña alma de trapeira
non te autoriza a tratarme como un trapo
porque eu vallo
e coa miña alma fago e desfago 
esténdoa 
e viroa do revés
coa miña alma trenzo un vincallo, coa miña alma...
exorcizo todos os medos
incluso aqueles que nos desposúen
cando se respiran demasiado tempo
por iso che pido que me desaprehendas
para xuntos minguar as fendas de vello
como unha débeda a sandar 
e xuntos 
medrar unha talla máis.

 

(Um poema do livro “Inventario do prohibido”, de Luz Campello, publicado en Espiral Maior no 2015)

 

Luz Campello é integrante da npg nova poesía guitirica

 

Páxina 20 Recensión 2