Luciano Ares
ARADO
Fendendo a terra en mil soños,
Espertándoa en mil abrentes,
Flor nas mans dos meus labregos,
Pruma que escribes poemas
No duro chan dos galegos:
Ábrelle os beizos á terra
Suco a suco, rego a rego.
Deixa que a terra acubille
A semente dun futuro
E que os soños do labrego
Non sexan penedos mudos .
Deixa que a vida non crebe
Na escuridade da noite,
No froito da túa semente.
Arado que fendes almas
Arando sucos e sucos,
Labrando a terra que amas,
Xermolo dun gran futuro,
Agromaches na ilusión
De prantar unha semente
Que á enxebre terra galega
Colleitará nos abrentes.
Luciano do Monfadal.
(26 de Maio de 2020)
Páxina 18