Pilar Alonso
“ESPIRAL”
Ser
liña curva
xerada por un punto.
Area
modelada polo vento
fento
en eclosión constante.
Nebulosa expansiva
forxando o espazo
que tecen os soños
pano de seda
envolvendo o teu corpo.
Escultora
dun só labirinto
con entradas
xanelas
saídas...
Portas non quero!
Brote que será folla
trisquel alado
no teu peito
furacán, ciclón, tifón
do amor
hipocentro.
Derviche
en rotación crecente
sobre un xogo da oca
con espazos sen tempo.
Universo e galaxia
do teu mundo.
Do noso
remuiño de bronce
orquídeas e ferro.
Páxina 17