Isabel Rodríguez Losada
ABANDONO
( Aldeas abandoadas..)
Literalmente penduradas
das ribeiras ...
ós seus pes
o pai ?, Miño
o fillo ?, Sil
e mil outros ...
máis de mil ...
arroios,
regatos,
torrentes
e fervenzas.
Antigas e novas vides
trepando pola ribeira
entre soutos,
medronhos
e carballeiras...
De tempos inmemoriais
sacralizada esta terra
polo monacal fervor,
polo humano suor,
... (“ora et labora”) ...
as costumes ancestrais,
a vida ardua e austera.
Logo ...
a Historia,
tecendo a súa crúa rede,
pouco a pouco,
foi tendendo
sobre esta terra
o velo do abandono,
pois, alén do mar, se foron
os homes e as mulleres,
procurando mellor vida,
na busca de “pan e peixe” ...
Oh! Galicia!
Ei! terriña!
¡espértate do teu sono!.
Érguete!, brinca! ...
fala a berros ou murmura,
faite valer!
espílete!
recupera o teu alento ...
amosa ó mundo,
firme e segura,
o teu valor máis profundo,
a xoia que gardas dentro!.
Páxina 15