Miguel Angel Costoya

PEGADAS NA AREA DA BAIXA MAR

 

Hai apertas na alma

que son coma pegadas

na area da baixa mar…

 

Foron un intre

e quedaron aí gravadas

logo se volveron invisibles.

 

mais quedou a lembranza

pois a pel non esquece xamais

aquilo que a fai voar.

 

E aí seguen

os sinais que deixastes

pasos dunha lembranza

 

agarimos sementados

que medran no espírito

e onde se escoita o mar

de bicos que están vivos

e que quizais algún día

tornarán.

 

Páxina 12