Ana Vila Portomeñe

NINGUÉN DEBE DECIRCHE

 

Ninguén debe decirche que os soños non poden voar,

nin que os teus pasos non teñen forza para camiñar.

As túas ás saben soñar e os teus pés teñen onde parar.

Ninguén debe decirche que os feitos non son fogar,

nin que os teus beizos non son valentía para falar.

As túas máns son un crear e as túas verbas un axudar.

Ninguén debe decirche que se fracasa por dubidar,

nin que no sorriso non debes amosar ningún bagoar.

O teu éxito non precisa de loubanzas para gañar.

Ninguén debe decirche aquilo que non queres calar

nin o que outra xente por o que dirán quere escoitar.

O teu ser ten o propio estar e alento para quedar.

Ninguén pode decirche como debes respetar,

nin tampouco cando, como ou donde latexar.

O teu corazón sabe por qué e por quen  amar.

Ninguén debe decirche como vivir e sentir.

Destino e tempo son por ti e de ti.

 

Páxina 11